Auditoría de Seguimiento da Unidade de Certificación de Grupo FSC de SELGA Xestión Forestal Sostible28 de outubro de 2016
Nos próximos días realizarase unha auditoría de seguimento da Unidade de Certificación de Grupo FSC de SELGA XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE. O grupo ten unha composición que se corresponde co que se coñece como Grupo Mixto, onde están incluídos tanto montes con características SLIMF como outros NON SLIMF. A superficie que forma o campo de auditoría é de 8.514,30 ha distribuídas en 4.113 montes que, tendo en conta a súa distribución xeográfica, ocupan a seguinte superficie por provincia:
Selga, como Entidade de Grupo, está a remitir unha serie de correos electrónicos para ofrecerlle a posibilidade a tódalas entidades consignadas nas súas bases de datos e que poden ter interese en relación a ese proceso, ofrecéndolle forma de contacto, tanto coa propia Selga (a través do seu Secretario Técnico) como coa Entidade de Certificación (a través do auditor xefe). |
Auditoría de seguimento da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de SELGA Xestión Forestal Sostible21 de xullo de 2016
Nos próximos días realizarase a primeira auditoría de Seguimento da Unidade de Certificación de Grupo PEFCde SELGA XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE. A superficie que forma o campo de auditoría é de 18.411,38 ha distribuídas en 5.219 montes. Tendo en conta a súa distribución xeográfica:
|