microtecnosoles
imagine

Auditoría de renovación da Unidade de Certificación de Grupo FSC de SELGA Xestión Forestal Sostible

10 de novembro de 2021

A auditoría levarase a cabo entre os días 12 e 19 de novembro co seguinte plan de auditoría:

  • Venres (12 de novembro): Presentacións, actualización do cliente, revisión do alcance da avaliación, plan de auditoría, introdución/ avaliación, plan de auditoría, introdución/actualización aos estándares do FSC e SCS, confidencialidade e resume público, revisión dos métodos e ferramentas de avaliación, revisión de conformidade das SAC/OBS abertas, procedementos de emerxencia e seguridade para o equipo de avaliación, selección final do sitio.
  • Luns a xoves (15 a 18 de novembro): Áreas de aproveitamento, entrevistas con xestores e propietarios, outros usos da terra das UGF, límites, pistas, control de maleza, solos, selección de especies, establecemento e tratamentos intermedios nas plantacións e xestión de plantacións nas seguintes unidades de xestión situadas nos seguintes concellos:
    • Luns (15 de novembro): Bueu e Padrón;
    • Martes (16 de novembro): Porto do Son, Frades e Mesía;
    • Mércores (17 de novembro): Boimorto, Abegondo e Culleredo;
    • Xoves (18 de novembro): Guitiriz, Vilalba, Meira, Ribeira de Piquín, A Pontenova, Castropol e Tapia de Casariego.
  • Venres (19 de novembro): Revisión de documentación e expedientes: Procedementos modificados, listados actualizados de UGFs e superficies fora do alcance do certificado; rexistros de saída de madeira certificada; facturas de venda; uso da marca; etc.

Para calquera aportación que queira facer en relación a xestión que a Entidade de Grupo está a facer da Unidade de Certificación de Grupo FSC de Xestión Forestal ou a xestión interna que está a facer calquera dos seus membros, pódese poñer en contacto con nós a través do correo certificacion@selga.es. As aportacións recibidas seranlle remitidas á Entidade de Certificación para a súa avaliación.


volver