Na 5ª auditoría de seguimento da Unidade de Certificación de Grupo PEFC, realizada por AENOR no mes de xullo de 2017, o campo de auditoría estivo composto por 3.545 unidades de xestión cunha superficie total certificada de 19.838,3143 ha. A Entidade de Certificación emitiu un informe de auditoría favorable.
Na 5ª auditoría de seguimento da Unidade de Certificación de Grupo PEFC, realizada por AENOR no mes de xullo de 2016, o campo de auditoría estivo composto por 2.646 unidades de xestión cunha superficie total certificada de 18.411,3828 ha. A Entidade de Certificación emitiu un informe de auditoría favorable.
Na 1ª auditoría de renovación da Unidade de Certificación de Grupo PEFC, realizada por AENOR no mes de xuño de 2015, o campo de auditoría estivo composto por 1.357 unidades de xestión cunha superficie total certificada de 16.431,01 ha. A Entidade de Certificación emitiu un informe de auditoría favorable.
Na 4ª auditoría de seguimento da Unidade de Certificación de Grupo PEFC, realizada por AENOR no mes de agosto de 2014, revisáronse 5 unidades de xestión. O campo de auditoría estaba composto por 1.087 unidades de xestión con unha superficie total certificada de 15.902,79 ha. A entidade de certificación emitiu un informe de auditoría favorable.
Durante o ano 2013 entraron no grupo 1.203 montes o que supuxo un incremento da superficie certificada en 2.321,14 ha e o incremento do número de adscritos ata 970 (525 máis). No apartado Localización dos montes adscritos de esta páxina poderá visualizar a ubicación xeográfica dos mesmos.
No mes de xullo procedeuse a facer a terceira auditoría de seguimento. O campo de auditoría abarcou unha superficie total de 14.609,37 ha. A entidade de certificación AENOR emitiu un informe de auditoría favorable.
Ao longo dos primeiros seis meses do anos entraron no grupo 209 montes novos cunha superficie en coxunto de 1.358,74 ha. Non foi necesario realizar auditoría de ampliación xa que a superficie ampliada dende a anterior auditoría de seguimento (xuño de 2011) é inferior ao 20% que permite a norma PEFC. No mes de xullo procedeuse a facer a segunda auditoría de seguimento. Nesa auditoría entraron tódolos montes que estaban dentro do grupo a 5 de xullo de 2012. En concreto, eran 715 montes cunha superficie total de 12.637,48 ha ascendendo a 355 o número de xestores adscritos. A entidade de certificación AENOR emitiu un informe de auditoría favorable.
Ao longo do ano 2011 fixéronse dúas auditorías. Unha delas foi a auditoría de seguimento (realizada no mes de xuño de 2011) e que correspondería realizar segundo a norma que rixe o sistema de certificación PEFC. A outra foi unha auditoría de ampliación, que coincidiu no tempo coa anterior e pola que entraron no grupo 3.162,44 ha adicionais. A entidade de certificación AENOR emitiu un informe de auditoría favorable para as dúas auditorías.
Durante ese ano seguiuse cunha entrada masiva de propietarios ou xestores particulares, que xestionaban propiedades de pequeno tamaño. Nos gráficos resumen que se presentan a continuación se pode observar como a proporción de montes de propietarios e xestores particulares aumentou con respecto ao ano 2010.
Aumenta de xeito significativo a porcentaxe de montes propiedade ou xestionados por particulares (aumento de 15 puntos con respecto a finais do ano 2010). A finais de 2011 estaban certificadas no grupo SELGA XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE un total de 11.278,74 ha, distribuídas en 506 montes xestionados por 244 propietarios ou xestores diferentes.
O grupo Xestión Forestal Sostible obtivo o seu certificado de grupo o día 7 de setembro de 2010, tras pasar a auditoría inicial realizada por la entidade de certificación AENOR. Nesa ocasión foron certificadas 7.002,90 ha distribuidas en 15 montes. A entidade de certificación AENOR emitiu un informe de auditoría favorable.
O 87% dos montes certificados en xullo de 2010 pertencían á comunidades de montes veciñais en man común e representaban o 98% da superficie adscrita. Isto se debe a que, de xeito fundamental, a idea inicial era dar servizo ás comunidades de montes de Galicia de forma que fose posible a certificación dos seus montes de xeito efectivo. Con posterioridade, xa á finais do ano 2010, decidiuse aumentar a tipoloxía dos propietarios ou xestores que podían pedir a súa entrada no grupo SELGA XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE. Isto tipo especial relevancia no aumento do número de adscritos.
Como se observa nos gráficos seguintes, si ben a superficie certificada erá (case na súa totalidade) propiedade de comunidades de montes, os montes propiedade de particulares xa representaban unha clara maioría á 31 de decembro de 2010.