microtecnosoles

imagine

SOLICITUDE

A entidade solicitante pon a disposición dos propietarios de montes e xestores forestais un formulario de adhesión (versión galego | versión castelán) mediante o cal pode solicitar a súa entrada no Grupo SELGA XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE. O único requisito para solicitar a súa entrada e ser xestor dunha propiedade forestal que teña intención de incluír nunha das Unidades de Certificación de Grupo que xestiona o mesmo nun prazo máximo de seis meses.

Posteriormente (ou de xeito simultáneo), poderá pedir a inclusión de algunha das superficies que xestiona nunha das Unidades de Certificación de Grupo. Na actualidade hai dúas creadas (pulsando sobre o nome de cada unha delas, pode descargar o formulario normalizado):

 

Unidade de Certificación de Grupo PEFC
Unidade de Certificación de Grupo FSC
Versión galego | Versión castelán

 

Xunto con esas solicitudes (para unha mesma parcela, pode presentar solicitude de entrada nas dúas unidades de certificación de grupo) deberá presentar a seguinte documentación dependendo de diversas circunstancias:

 

TIPO DE MONTES UNIDADE DE GRUPO              DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
Menor de    25 ha en coto redondo
PEFC
Maior de 25 ha en coto redondo
  • No caso de ser xestor, modelo de Delegación de Xestión (versión galego | versión castelán), debidamente cumprimentado, ou documento que o substitúa;
  • Documento Técnico de Xestión visado ou aprobado pola Administración.
Menor de 25 ha en coto redondo FSC
 
  • No caso de ser xestor, modelo de Delegación de Xestión (versión galego | versión castelán), debidamente cumprimentado, ou documento que o substitúa;
  • No caso de contar con outras superficies forestais que non se van a certificar, modelo de Outras Propiedades en Xestión (versión galego | versión castelán), debidamente cumprimentado.
Maior de 25 ha en coto redondo
  • No caso de ser xestor, modelo de Delegación de Xestión (versión galego | versión castelán), debidamente cumprimentado, ou documento que o substitúa;
  • No caso de contar con outras superficies forestais que non se van a certificar, modelo de Outras Propiedades en Xestión (versión galego | versión castelán);
  • Documento Técnico de Xestión aprobado pola Administración;

 

Na solicitude deben figurar datos esencias que permitan a identificación da parcela a adscribir, os datos de identificación do propietario, unha declaración xurada de titularidade da propiedade (non é necesario presentar documentación que acredite tal propiedade aínda que o propietario debe estar en posesión dela).

Esta documentación debe ser remitida ao Secretario Técnico do Grupo Selga Xestión Forestal Sostible polos seguintes medios:

  • De xeito presencial en calquera das oficinas coas que conta a Asociación Forestal de Galicia;
  • Mediante correo postal remitido á:

Secretaría Técnica de Selga Xestión Forestal Sostible. Centro Cultural Xinzo, Portela-Xinzo s/n. 36891 PONTEAREAS

  • Mediante correo electrónico á dirección:

certificacion@selga.es